En Toxo Telecom imos tratar os teus datos para informarte dos nosos servizos.

Aquí tes as mellores ofertas de Toxo, o operador da casa!

Prezos fináis e para sempre, sen sorpresas na túa factura.

Por que escollernos?

Non teñas dúbidas!

Tarifas incribles

Escolle a tarifa que mellor vaia contigo: só móbil, só fibra, móbil + fibra, con televisión, fixo... todo ao teu gusto!

Sen sorpresas e para sempre

Ten a seguridade de saber o que pagas cada mes, prezos definitivos e instalación gratuita. Sen custos adicionais para o teu peto.

Chegamos a onde outros non chegan

Temos a maior cobertura de fibra a nivel nacional, para que ti tamén poidas desfrutar da mellor conexión.

Polo aire

Fibra simétrica, mesma velocidade de subida que de baixada, para descargar, ver vídeos en rede ou xogar sen lag nin cortes.

Triple cobertura móbil

Traballamos con triple cobertura de Yoigo, Orange e Movistar a máxima velocidade, para que vaias a onde vaias sempre esteas cubertx.

Soporte 24/7

Atención ó cliente tódolos días do ano, para que sempre teñas a solución que poidas necesitar ó instante.

Preparad@ para aforrar con Toxo?

Tarifas incribles en fibra e móbil, sen sorpresas e para sempre!

Chamádeme! Quero saber máis

Así é como unha operadora 100% galega está cambiando a maneira de ofrecer telefonía

Somos unha operadora nacida en Ribeira, A Coruña, e damos servizo de telefonía á xente de Galicia. Estamos moi orgullosos de ser xa máis de 3000 chorimas nesta toxeira.

Sabemos o que queres e o que necesitas, nós non temos comerciais "vendefume" que che chaman á hora da siesta e que o único que lles interesa é vender sexa como sexa.



Sabes por que en Toxo somos diferentes?

Nós non che imos "vender a moto" con promesas que logo non se van cumprir. Na nosa compañía non temos comerciais, falas directamente con nós e non che vamos ofrecer nada que non poidamos cumprir.

Non temos máquinas ou teleoperadores que non che entenden e che fan pasar horas e horas ó teléfono pasando dun departamento a outro: Sempre atendemos ás chamadas as mesmas persoas sen esperas, e por suposto na nosa lingua, o galego.

Para resolverche os problemas que poidas atopar no menor tempo posible, temos atención ao cliente 24 horas os 7 días da semana.

E para rematar, con nós non tes letra pequena, o que ves é o que hai, sen sorpresas nas túas facturas.

O que din os nosos clientes


Contacta connosco

En Toxo Telecom imos tratar os teus datos para informarte dos nosos servizos.

Onde podes atoparnos